mércores, 20 de abril de 2016

EXPOSICIÓN SOBRE FESTAS TRADICIONAIS NO IES DE BECERREÁ

Desde o 18 de xaneiro ao 5 de febreiro temos despregada no noso centro a exposición titulada "Galiza, un país de festas. Ritos festivos singulares" (elaborada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo), organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística. Mediante paneis que combinan texto e imaxes, preséntase unha rica variedade de acontecementos festivos populares, que se desenvolven na provincia de Lugo en distintas épocas do ano e que reflicten unha riqueza cultural inigualable. Desde o entroido e as súas distintas manifestacións ata a folión das fachas en distintos lugares, pasando por danzas rituais, todo queda perfectamente presentado nesta exposición. Para o seu aproveitamento por parte do noso alumnado, un grupo de rapazas e rapaces de 1º da ESO, coordinados polo seu profesor de Lingua Galega, crearon un cuestionario para desenvolver unha actividade xogada entre todos os cursos da ESO e que consiste en buscar a información correcta que responda ás preguntas elaboradas, no menor tempo posible e co obxectivo de obrigar a obter a información máis salientable das distintas manifestacións culturais recollidas na exposición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario