EDNL

EDNL
Equipo de Normalización Lingüística do IES de Becerreá

luns, 30 de maio de 2016

1º DA ESO ACODE Á XUNTANZA DO PICO SACRO PARA O ALUMNADO GALEGO PARTICIPANTE NO "PROXECTO DRAGAL"

1º DA ESO ACODE Á XUNTANZA DO PICO SACRO PARA O ALUMNADO GALEGO PARTICIPANTE NO "PROXECTO DRAGAL"
Ao Pico Sacro, onde segundo a lenda viviu o último dragón galego, acudiu o alumando de 1º da ESO do IES de Becerreá para participar, xunto cos outros cinco centros galegos que comparten este proxecto multidisciplinar de animación á lectura, nunha longa xornada de aventuras, desventuras ("perdemos" case toda a puntuación obtida a mans doutro equipo mentres participabamos nunha das probas), duelos a espada, buscas de cofres e tesouros, invención de lendas, declaracións de amor,  ... ata finalmente ser ordenados donas e cabaleiros da "Orde do Dragal". Foi unha xornada de confraternización e convivencia con outros rapaces e rapazas que están a vivir a aventura de ler a triloxía "Dragal".



luns, 9 de maio de 2016

De Becerreá a Padua (Italia) co galego.

Na Universidade de Padua, no norte de Italia, está en marcha un lectorado de lingua galega impartido por unha ex-alumna do noso Instituto, María Pardo. Postos en contacto, decidimos iniciar un intercambio cultural que permita ao alumnado de Padua coñecer aspectos da nosa cultura e lingua e a nós estar en contacto con eles, coñecer a experiencia de persoas que sen ser galegas e lonxe de aquí, están interesadas en aprender o noso idioma. 
Para isto iniciamos a experiencia cun vídeo onde  o alumnado de 1º da ESO conta lendas da comarca dos Ancares
Continuaremos con esta interesantísma experiencia. Ciao. Saúdos.


video


DE PADUA A BECERREÁ. LENDAS CONTADAS POLO ALUMNADO DO LECTORADO DE LINGUA GALEGA DA UNIVERSIDADE DE PADUA
video


UNHA LENDA INTALIANA MOI SEMELLANTE Á NOSA DAS PONTES DE GATÍN

Ola chamome Federico e teño una lenda moi semellante ào conto da ponte de Gatìn. È la lenda da Ponte del Diavolo, a Ponte do demo.
Eu vivo en Italia do Norte e naceu nunha cidade que se chama Cividale, na Rexión do Friuli Venezia Giulia.Nesta cidade hai un río bastante grande, chamase Natisone. durante a Idade Media os habitantes tiñan que cruzalo nuns barcos. para ir mas facilmente aos outras aldeas costruiron moitas pontes de madeira.Pero estas pontes rompian nos dìas de moita enchenta.E non se podía tamén construir unha ponte de pedra porque o rio era moi profundo. O problema maior era atopar e traer unha pedra bastante grande como base da ponte.
Entón, un día os habitantes foron a chamar o demo que  habitaba nunha gruta ao lado do rìo e fixeron un pauto con el: “eu costruirei unha ponte de pedra alto e robusto a cambio da primeira ánima que cruzerá a ponte” dixo o demo. O día seguinte a muller do demo trouxo unha pedra xigantesca no avental e púxoa no leito do río Natisone para que a ponte poidase ser construida. Nos meses seguintes os habitantes construiron a ponte e chamarono Ponte del Diavolo.
Entón o demo quixo a cambio a ánima da primeira persoa que cruzase a ponte.
Cerca de alí, había un neno que xogaba cun pequeno animal : algunos din que era un can, algunos que era un gatiño como na lenda da ponte de gatín e algunos din que era un porco (un porco porque o neno tiña que chegar ao mercado de Cividale para vendelo.). Miña avóa contabame que o neno xogaba cun can pequeno e que esto cuzo escapoulle. O can espantouse por que todos os habitantes de Cividale eran nos lados da ponte para atopar alguen que se sacrifícase polo pauto co demo. Fuxindo o couzo cruzou a ponte: a premeira ánima foi así un pobre can e o demo foise anoxado.


T

mércores, 20 de abril de 2016

PROXECTO DRAGAL 2016: os participantes.

EXPOSICIÓN SOBRE FESTAS TRADICIONAIS NO IES DE BECERREÁ

Desde o 18 de xaneiro ao 5 de febreiro temos despregada no noso centro a exposición titulada "Galiza, un país de festas. Ritos festivos singulares" (elaborada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo), organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística. Mediante paneis que combinan texto e imaxes, preséntase unha rica variedade de acontecementos festivos populares, que se desenvolven na provincia de Lugo en distintas épocas do ano e que reflicten unha riqueza cultural inigualable. Desde o entroido e as súas distintas manifestacións ata a folión das fachas en distintos lugares, pasando por danzas rituais, todo queda perfectamente presentado nesta exposición. Para o seu aproveitamento por parte do noso alumnado, un grupo de rapazas e rapaces de 1º da ESO, coordinados polo seu profesor de Lingua Galega, crearon un cuestionario para desenvolver unha actividade xogada entre todos os cursos da ESO e que consiste en buscar a información correcta que responda ás preguntas elaboradas, no menor tempo posible e co obxectivo de obrigar a obter a información máis salientable das distintas manifestacións culturais recollidas na exposición.

CÉSAR CAMBEIRO ACTUOU NO IES DE BECERREÁ.

CÉSAR CAMBEIRO ACTUOU NO IES DE BECERREÁ.
Este xoves o alumnado de Primeiro e Segundo da ESO asistiron á actuación de Cesar Cambeiro. Este actor coñecido pola súa participación en series como Pazo de Famila e Serramoura, estivo no Instituto ao abeiro do Proxecto Dragal, no que por segundo ano participa o noso centro.
Ademais de asistir á actuación, moitos alumnos e alumnas aprobeitaron para facer fotos con el (neste caso, aparece co alumnado de Primeiro da ESO, participante no Proxecto Dragal).

ELENA GALLEGO, A AUTORA DE "DRAGAL", VISITA DE NOVO O CENTRO



ELENA GALLEGO, A AUTORA DE "DRAGAL", VISITA DE NOVO O CENTRO
Igual que sucedera o curso anterior e convidada polo Departamento de Lingua Galega, Elena Gallego Abad visitounos para ter un encontro co alumnado de 1º da ESO que participa no "Proxecto Dragal" (o noso é o único centro da provincia de Lugo que o fai). Deste xeito, tod@s puideron coñecer de primeira man a orixe do libro, o que hai detrás do que nos transmite e outros segredos ben gardados.
Durante as semanas previas todo o alumnado deste curso estivo confeccionando os elaborados decorados que se instalaron no corredor principal do centro, para ambientar o acto e dar un aire medieval e avenetureiro ao acontecemento. Para esta tarefa foron coordinados pola súa profesora de debuxo e do excelente resultado deste traballo, así como da converencia da autora, gardamos probas na galería de fotos. Igualmente, para presentar o noso centro ao resto dos participantes, o profesor coordinador do proxecto e o alumnado elaboraron un vídeo que podes ver aquí.
A próxima cita será no Pico Sacro, onde Elena Gallego se reunirá con todo o alumando participante no proxecto e vivir as aventuras máis sorprendentes.