EDNL

EDNL
Equipo de Normalización Lingüística do IES de Becerreá

venres, 14 de marzo de 2014

MULLERES NOS ANCARES

O pasado martes 11 no centro baixo o tema de "As mulleres nos Ancares" mantivemos una mesa redonda na que participaron Sandra López, da cooperativa A Carqueixa, de Cervantes, Blanca Souto, propietaria da panadería Nullán, Maruxa Bardasco, educadora social e Pilar García Carballo, que moderadas pola nosa profesora Catalina Rey, e pola alumna Sandra comentaron as súas experiencias, anécdotas, dificultades, en definitiva aportaron cas súas propias vidas unha visión que para os alumnos resultou de interese, como comprobamos todo o profesorado sorprendid@s non tanto polo seu comportamento de respecto neste tipo de actos, ao que xa estamos acostumad@s, máis polo verdadero silencio e atención que atopamos no salón de actos.
Queremos agradecer as nosas poñentes, o seu tempo, o seu esforzo, e o seu atrevemento a falar en público. Agradecemos a nosa profesora Catalina que dirixese o acto dunha forma tan amena e entrañable, guiando as participantes e dando momentos de conversa. Agradeceoms tambén a alumna Sandra ESpín a participación no acto e as súas acertadas intervencións(sospeitamos que pode ser porque entrena na liga de debate)e por último agradecemos aos profesores a súa asistencia e dinamización do acto e ao público que xa o sabedes de sempre GRAZAS.