EDNL

EDNL
Equipo de Normalización Lingüística do IES de Becerreá

martes, 10 de decembro de 2013

O tesouro da capela de San Lourenzo

Esta é a primeira lenda " O tesouro de San Lorenzo" de: Javier  Cadenas  Díaz.


Aló polo ano 1900 andaban uns homes da Lagúa, entre eles o señor Manuel de Lombardía, cavando no monte de Penamaior. Cando chovía ían abrigarse a capela de San Lourenzo de Degolada, no concello de Baleira (Lugo), que estaba alí cerca. Un día o señor Manuel petou coa aixada na soleira da porta da capela e como resoara moito, díxolles aos compañeiros que alí debaixo debía haber un tesouro e que ía arrincar a soleira. Os outros non lle deixaron arrincala porque tiveron medo a que os castigase San Lourenzo. Ao outro día pasou por Campo de Árbol un señor francés nun cabalo branco, e pregutoulles a uns nenos pequenos que estaban coas ovellas, pola capela de San Lourenzo, dicindo que tiña que ir alí cumprir unha ofrenda. Deulles unhas perras aos nenos para que fosen ao Cereixal comprar unha bola. Mentres os pequenos foron polo pan, foise él, e arrincou a soleira da porta da capela, de alí sacou un barril cheo de ouro.

Cando os homes da Lagúa foron ao outro día polas aixadas, que as deixaran dentro da capela, encontraron a soleira levantada, e por alí tiradas as táboas do barril. Aquel día non cavaron nada pensando que tiveran o tesouro na man e que o deixaron escapar tontamente por medo ao San Lourenzo.

 

-FIN-

Ningún comentario:

Publicar un comentario