Avanzamos polos Ancares co galego, coa nosa lingua.
BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do
IES DE BECERREÁ
"A REBOLA"
martes, 23 de abril de 2024
Rebeca Losada visita o IES de Becerreá
A actividade na que participaron o alumnado de 3º, 4º ESO e dúas alumnas de
2º de BAC parte do programa IlustrarNÓS da área de Cultural da Deputación de Lugo,
unha actividade coa que achegar a ilustración aos centros escolares de primaria
e secundaria da provincia a través do fomento da creatividade. A idea é achegar ás xeracións
máis novas o traballo de creadoras e creadores galegos neste eido.
O estudantado formouse
coa charla a cargo da ilustradora Rebeca Losada, que visitou o centro o
9 de abril.
Rebeca naceu en Lugo en 1982 é ilustradora e deseñadora.
Actualmente reside en Madrid.
Bióloga de profesión, con 26 anos cambia o mundo
científico polo das artes apostando pola súa gran paixón: debuxar. Centra a súa
actividade no mundo textil e editorial pero o seu amor pola música a leva a
realizar numerosas portadas de discos e cartaces para diferentes artistas (Xoel
López, Love os Lesbian, Rozalén, Vetusta Morla, Wilco...) ou locais de
referencia como O Náutico de O Grove.
Da música da o
salto ilustrando múltiples eventos como festas populares ou festivais (festas
de Maria Pita 2022 en A Coruña ou festas de Nadal 2022 de Santiago de
Compostela), campañas publicitarias (Ecologistas en Acción), colaboracións con
ongs internacionais (Save a Girl ou IMBALA) ou campañas en colaboración co
consulado de España en Jerusalem ou Israel. Isto acabará por convertela nun
referente no deseño gráfico de pósters e a realizar numerosos talleres e
exposicións polo ámbito nacional. Unha das últimas este pasado verán na Casa
Museo de María Pita de A Coruña.
Recentemente é
seleccionada por Meta como gañadora da campaña #apoiamosasboasideas.
luns, 26 de febreiro de 2024
Celebración do "Día de Rosalía de Castro no IES de Becerreá"
Exposición dos traballos realizados polo alumnado de 3º ESO de EPV e 4º ESO de expresión artística.
Somos
dos poucos pobos do mundo que temos unha muller referente, porque temos a
Rosalía de Castro. O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo
coa data na que naceu no ano 1837; con flores e poemas dela celebramos o seu
día, que é o que merecemos os galegos e galegas que falamos no idioma no que
compuxo os poemas máis bonitos do mundo. Por iso, o Equipo de Dinamización da
Lingua e o departamento de Lingua Galega do IES de Becerreá, agasallaron a todo
o centro cun caravel e un libro editado e deseñado polo Departamento de
Plástica, con orixinais portadas creadas polo alumnado.
O
acto de celebración consistiu nun recitado con fondos de piano que interpretou o
alumnado de música de 4º da ESO, no que se puxo de manifesto o
afortunadosque somos de ter a Rosalía
de Castro.
PREME PARA VER O VÍDEO DO ACTO
martes, 20 de febreiro de 2024
DÍA DA NENA NA CIENCIA
Dende o ano 2016, o 11 de febreiro celébrase o Día
internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data
establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas para
promover a participación plena e equitativa das mulleres e as
nenas na ciencia
Exposición de infografías realizada polo alumnado de 2º,4º da ESO e 2º de BAC.
Durante séculos moitas mulleres científicas foron privadas de estudos, discriminadas, invisibilizadas e, incluso, sufriron a negación das súas aportacións e descubrimentos, dándolle a autoría dos mesmos aos seus compañeiros de investigación, ou a outros científicos homes que fixeron o mesmo descubrimento tempo despois.
Con motivo desta data o alumnado da ESO e BAC realizou infografías de científicas que deixaron unha grande pegada na ciencia, cada grupo en relación coa materia do primeiro trimestre e en colaboración cos departamentos de Ciencias Naturais e Física e Química. Así o alumnado de segundo de BAC realizouna sobre coñecidas bioquímicas, o alumnado de segundo de ESO sobre físicas importantes e por último, o de cuarto de ESO sobre grandes xeólogas.
Así mesmo, desexamos que as alumnas esperten co seu exemplo de perseveranza, os seus descubrimentos e aportacións, a vocación científica de todas esas mulleres, adolescentes e nenas ás que, ata o de agora, se lles fixo pensar que a ciencia era cousa de homes. Porque o talento non ten xénero e a ciencia e a igualdade son vitais para conseguir o avance da sociedade dunha maneira sostible, consciente e democrática.
PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO, E POLA CONCIENCIACIÓN COA CAUSA
luns, 12 de febreiro de 2024
ENTROIDO 2024 IES DE BECERREÁ
O Departamento de Latín e Grego, e o EDL do centro realizaron un estudo das similitudes entre as Lupercais romanas e ao Entroido Galego
Exposición Entroido 2024 Departamento de Latín, Grego e EDL.
As 'Lupercalia' eran unhas festas que se celebaban o 15 de febreiro na Antiga Roma en honor a Luperco (divindade protectora dos rebaños). Reciben ese nome porque se facían nunha caverna do monte Palatino, onde, segundo a lenda, a loba Luperca amamantou a Rómulo e Remo (fundadores da cidade). Esta festividade tiña como obxecto promover a fertilidade das mulleres e purificar a sociedade. Estaba oficiada por uns sacerdotes especiais tamén chamados lupercos, dirixidos por un xefe chamado magister.
As Lupercais contaban cun ritual ben definido: comezaba cun sacrificio dunha cabra ou dun can. A continuación, presentábanse no altar dous rapaces ós que se lles manchaba a fronte da sangue dos animais, e logo debían rir. Mentras tanto, os lupercos arrican a pel dos animais a tiras con forma de látegos e confeccionaban os seus taparrabos á vez que os asistentes entoaban cantos festivos. Logo, comezaba unha carreira pola cidade na que as mulleres se ofrecían a ser azoutadas cos látegos para favorecer a súa fertilidade. Finalmente, procedíase á celebración dun banquete dos sacerdotes coa carne dos animais sacrificados, e cada familia tamén celebraba nas súa casa con abundante comida.
Traballos alumnado latín e grego.
Igual que nas Lupercais romanas, en Galicia os roles sociais están ben establecidos
e en cada zona aparecen personaxes pinntorescos con características ben recoñecibles. Así pois, convén ir disfrazado e con ganas de divertirse. Sen disfrace córrese o risco de sufrir algún golpe de fusta, quedar cheo de fariña ou de formigas vivas ou a pagar unha ronda de viños. É a l e i !
Estas festas teñen carácter propio, sobre todo na actualidade na que perderon significación relixiosa en relación cos ritos agrarios. Foi recuperada e mantida malia que en moitas ocasións se prohibiu polo seu carácter
libertario.
Ó igual que outras festividades, as divindades e festas pagás foron adaptadas
ó Cristianismo. Así sucedeu coas Lupercais, que foron adaptadas na Candelaria, celebrada
o 2 de febreiro, patrón de Becerreá, e relacionada tamén coa purificación.
Por outro lado, a palabra 'entroido' deriva do termo latino "introitus", é dicir, "comezo",
facendo referencia á entrada
na primavera. Este momento coincidía xusto antes da Coresma,
momento no que está prohibido o consumo de carne.
Neste punto é onde se relaciona
co termo 'carnaval',
que tamén procede do latín "carnem levare", ousexa, "quitar a carne".
Nun ambiente de festa, a xente disfrazábase para escorrentar ós espíritos
malignos que podían estragar as colleitas que estaban por vir.
Pero o Entroido no IES de Becerreá, forma parte da programación do EDL no empeño de celebrar as festas tradicionais, propias da identidade cultural de Galiza. O alumnado de 4º da ESO, todos os anos organiza o Entroido con unha semana chea de actividades colectivas para toda a comunidade educativa, e ademais dinamizan e dirixen o concurso de comparsas, queima do espantallo e degustación de doces feitos polo alumnado. Queremos agradecer o seu traballo e dedicación!
PARABÉNS AO ALUMNADO DE 4º DA ESO POLO SEU TRABALLO
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO DO NOSO ENTROIDO
AQUÍ PODEDES VER AS COMPARSAS GAÑADORAS, O XURADO E AS PRESENTADORAS.
xoves, 1 de febreiro de 2024
Charla no IES de Becerreá sobre nomes de lugar e identidade galega
O alumnado de Latín e Grego do IES de Becerreá asistiu o venres 1 de febreiro a unha charla divulgativa sobre "Nomes de lugar e identidade galega" impartida no centro, ata onde se desprazou o profesor da Universidade da Coruña, Xosé Manuel Sánchez Rei. Os estudantes descubriron que a toponimia é capaz de transmitir abraiante información sobre a cultura e a historia doutros tempos e que constitúe unha valiosa ferramenta para sabermos máis de nós mesmos como pobo. Ademais, decatáronse da innegable relación entre o latín e os nomes de lugar de Galicia e da súa propia contorna.
martes, 30 de xaneiro de 2024
RECITADO POÉTICO DO ALUMNADO DE 3º DA ESO DE LINGUA GALEGA, PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ
“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"
O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro.
No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da Paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Nese día celébrase o aniversario da morte do Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza. Foi asasinado por defender estas ideas. O Día da Paz, pola súa temática xeral de non violencia, resolución de conflitos e convivencia, ocupa un lugar fundamental na educación de todos e todas.
Desde fai catro anos o departamento de lingua galega inspirado pola lírica trobadoresca medieval, na que a nosa lingua viviu unha etapa de esplendor, colabora coa celebración do Día da Paz cun recitado literario.
O alumnado ten que escribir cantigas, aínda que a temática non é o lamento pola ausencia do amado, a alegría polo reencontro, ou a paixón, senón a PAZ.
As cantigas compostas polo alumnado de 3º da ESO seguen tanto os recursos formais das mesmas, tales coma o paralelismo, leixaprén ou o refrán, como a temática pacifista.
Todo o alumnado de 3º da ESO participou no concurso de cantigas organizado polo centro, no que resultaron premiados/as: Lucía Freijo, cristina Fernández e David González.
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO
luns, 8 de xaneiro de 2024
NADAL 2024
O EDL do IES de Becerreá desexa un BO NABAL a toda a comunidade educativa
O alumnado do EDL, que se inspirou na tradición galega, levou a cabo a decoración do vestíbulo do centro.
PREME NO VÍDEO PARA VER COMO FORON AS CELEBRACIÓNS DESTE ANO